O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegurou que o xornalismo é un complemento necesario ao traballo diario das institucións nunha democracia representativa. “Se non existisen os medios de comunicación, a democracia sería máis feble e pobre”, sinalou.