Domingo, Febreiro 8, 2026
HomeActualidadeCulturaDavid Trueba, María Vázquez, Kepa Junquera e The Rapants estarán este mes...

David Trueba, María Vázquez, Kepa Junquera e The Rapants estarán este mes en Cans

O Festival de cine vén de presentar a súa vixésimo primeira edición, que se celebrará nesta parroquia porriñesa do 21 ao 25 de maio, con 35 estreas de curtas e longametraxes

Cans proxectará o filme “As Neves” de Sonia Méndez, a preestrea de “Alumbramiento” de Pau Teixidor, a retrospectiva internacional do colectivo Société Acéphale e unha emotiva homenaxe a Kepa Junkera.

O Festival recupera a sección de animación, cunha colleita excepcional, e estreará nove curtas na sección de ficción.

Estréase tamén a sección “Cineherdanzas”, que descubrirá por vez primeira o legado fílmico de Carlos Asorey, un esquecido cineasta galego dos anos 70.

Toda a información e programación na páxina web do festival: www.festivaldecans.gal

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS