O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta da institución provincial, Luisa Sánchez, compareceron en rolda de prensa este luns para confirmar a obra de construción da bancada de Gol no estadio de fútbol de Balaídos. O mandatario provincial confirmou que “de feito inmediato” remitirase ao Concello o convenio de cofinanciamento para realizar a última bancada que queda para completar a reforma do coliseo do celtismo. “Estamos todos de acordo de que non podemos esperar máis”, afirmou Luis López.
O presidenta do ente provincial confirmou que o gran obxectivo da Deputación “desde o minuto uno” é que as obras de Balaídos conclúan “canto antes e teñan o mellor final”.

