jueves, mayo 2, 2024
InicioNewsComarcasJosé Gil pecha o ciclo en Ponteareas

José Gil pecha o ciclo en Ponteareas

O Concello de Ponteareas, onde chegamos os próximos 1 e 3 de decembro, é lugar central da memoria de José Gil, presente na súa traxectoria dende a infancia e mocidade pola proximidade a Rubiós, a súa patria natal. Nomeadamente, entre 1923 e 1927 cando decide instalarse na vila, ao carón da praza maior, onde xestionará o cinema Royalty e falecerá a súa terceira filla Pepita Gil Sarabia. Durante a estadía en  Ponteareas filmará varias películas locais: “Partido de fútbol: Comercial de Vigo  vs Unión de Ponteareas”, “Actualidades de Ponteareas”, “Semana Santa en Ponteareas”; “Fiestas de los Remedios de Ponteareas”, “Homenaje a Gabino Bugallal” entre outas. Asemade  insertará planos de Ponteareas noutros filmes como en “Galicia y Buenos Aires”.Tamén mantivo unha programación permanente no seu cinema, -identificamos 108 títulos proxectados- así como unha galería fotográfica, onde retratou a gran parte da veciñanza ponteareán e, por suposto, o laboratorio de Galicia Cinegráfica. Partirá definitivamente para Vigo en marzo de 1927, pero sempre manterá unha relación profesional e persoal coa capital do Condado ate a sua morte en 1937.

Podes escoitar a entrevista con Manolo González, o biógrafo de José Gil, aquí:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES