lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsSucesosLibres os dous presuntos secuestradores dun menor en Burela

Libres os dous presuntos secuestradores dun menor en Burela

A xuíza deixa en liberdade aos dous detidos, un home e unha muller, acusados do secuestro dun menor dun menor de 16 anos na madrugada do domingo ao luns en Burela, e ao que liberaron horas despois ao verse descubertos pola Garda Civil.

O Ministerio Fiscal non pediu a prisión e a xuíza non podía decretala. Co obxectivo de protexer tanto ao menor como á súa nai, a xuíza impúxolles a prohibición de aproximarse e de comunicarse con eles por calquera medio. Ambos están investigados por un delito de detención ilegal.

Aziz, un home marroquí, que convive coa nai do rapaz, confirmaba que os raptores o buscaban a el para reclamarlle unha débeda por un asunto de drogas. Como non estaba e querían esperalo, o menor propúxolles que o levasen a el como refén. Durante o rapto ordenáronlle que chamase a súa nai e para soltalo pedían 7.000 euros. O home di que só lles debía 150 euros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES