Mércores, Febreiro 4, 2026
HomeComarcasLouriña900 persoas corren e camiñan contra o cancro en Mos

900 persoas corren e camiñan contra o cancro en Mos

O Pazo de Mos foi saída e meta da I Carreira 10K CorreMos contra o Cancro, celebrada o domingo 26 de marzo

Tamén se organizou unha andaina, de 5 quilómetros, e todo o recadado coas inscricións (10 euros a carreira e 5 euros a andaina) foi destinado integramente á Asociación Española contra o Cancro.

E para os máis pequenos da casa organizáronse tres carreiras infantís, con categorías establecias por franxas de idades.

O evento contou coa presenza do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña e coa participación na carreira da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS