Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeComarcasLouriña"As forzas progresistas non podemos permitir que goberne a dereita de novo...

“As forzas progresistas non podemos permitir que goberne a dereita de novo no Porriño”

Entrevista co candidato á alcaldía do municipio da Louriña polo PSOE, David Alonso.

“As forzas progresistas non podemos permitir que goberno a dereita de novo no Porriño”. Así o di o que xa é o candidato oficial á álcaldía do municipio polo PSOE, David Alonso, quen asevera que os socialistas deste municipio da Louriña “saimos a gañar” para recuperar o bastón de mando da localidade. Con todo, di Alonso que “somos realistas e toca tecer o grupo nunha vila moi dividida políticamente, como o está tamén a nivel nacional”.

No caso de que recupere a alcaldía para o PSOE nas próximas eleccións municipais, David Alonso adianta en Si Radio que as primeiras decisións que tome como rexedor pasarán pola conciliación laboral e por axudar ao comercio e aos autonomos do Porriño.

Escoita a entrevista completa co candidato socialista, David Alonso, aquí:

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS