miércoles, mayo 8, 2024
InicioComarcasLouriñaOs Servizos Sociais de Mos atenderon preto de 2.500 persoas

Os Servizos Sociais de Mos atenderon preto de 2.500 persoas

A alcaldesa Nidia Arévalo presentoulle este balance do 2022 á conselleira Fabiola García na súa visita á localidade

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, presentoulle á conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, aproveitando a súa visita do pasado 9 de decembro a Mos para coñecer a un usuario mosense do Servizo de Axuda no Fogar, SAF, a Memoria Anual dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Mos.
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, anunciaba na súa visita á casa de Benjamín Davila, en Herville de Abaixo, que a Xunta de Galicia incrementará o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ata os 12 euros/hora para adiantar o compromiso de lexislatura fixado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e axudar aos concellos na prestación deste servizo municipal.
O SAF ten por obxecto prestar una serie de apoios e atencións a persoas que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situación de risco social para facilitar a permanencia na súa contorna habitual. Este servizo préstase a través do sistema de dependencia, sendo o recurso máis solicitado deste sistema. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declarou a este respecto que “o número de usuarios/as actuais do SAF en Mos é de 112 persoas e 22 a través do sistema básico ou libre concorrencia. Un total de 134. Para elo desde o Concello de Mos dedicamos unha partida do orzamento municipal para o SAF cun importe anual de 1.130.200 euros”.
Así mesmo, Arévalo destacou que “o Concello mosense é punteiro no SAF, no que actualmente conta con 61 traballadoras e case 66.000 horas anuais de servizo, fronte a concellos con máis habitantes e coa metade de horas. Mos é un dos municipios da provincia e da comarca con máis horas anuais de SAF, xa que outros municipios con 15.000 habitantes ao igual que Mos, contan con menos da metade de horas”,
O Concello de Mos ten 15.190 habitantes e un total de 5.501 horas ao mes de SAF: 66.012 ao ano.
Memoria Anual Municipal
Os servizos sociais comunitarios básicos teñen un carácter local, aberto polivalente e constitúen a canle normal de acceso ao sistema de servizos sociais, con que se garante a universalidade do sistema e a súa proximidade ás persoas usuarias ,ás familias e ao ámbito comunitario.
Este servizo no concello de Mos, trasladouse ao Multiusos das Pozas, e o horario de atención ó público é de luns a venres de 9 : 00 a 14 : 00 horas, con cita previa.

  • Os programas que desenvolve este servizo son:
    PROGRAMA DE VALORACIÓN, ORIENTACIÓN E INFORMACIÓN EN MATERIA SOCIAL.
    Este programa é o mais demandado, ademais da información especifica de servizos sociais tamén se realizan derivacións a outros servizos e organismos.
    Ata o 11 de novembro de 2022, houbo 2.367 persoas atendidas, a través da cita previa, sen contabilizar as solicitudes de información que realizan as auxiliares administrativas sen cita previa, ao tratarse do primeiro acceso o departamento.
  • SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
    O SAF ten por obxecto prestar una serie de apoios e atencións a persoas que teñan limitada a súa autonomía ou noutras situación de risco social para facilitar a permanencia no súa contorna habitual.
    Este servizo prestase a través do sistema de dependencia, sendo o recurso mais solicitado deste sistema, ata esta data foron atendidas 112 persoas e 22 a través do sistema básico ou libre concorrencia.
  • SERVIZO DE EDUCACIÓN E APOIO FAMILIAR.
    Este programa vai dirixido ás familias para detectar, previr e superar situacións de dificultade. O número de familias atendidas neste ano ascenden a 26 unidades de convivencia.
    Ademais tamén se desenvolve o servizo de asesoramento e apoio psicolóxico, no cal se atendeu a 31 persoas.
  • PROGRAMA BÁSICO DE INSERCIÓN SOCIAL.
    Programa para dar resposta ou derivar ao recurso idóneo as persoas en situación de risco ou exclusión social, aplicando tanto proxectos de intervención social personalizado e prestacións económicas.

As persoas que perciben a RISGA (renda de inclusión social de Galicia) na actualidade son 25.
Para poder desenvolver os programas anteriores disponse dunha serie de recursos e servizos, entre outros: TELEASISTENCIA, para persoas non dependentes: 25 usuarios durante este ano. XANTAR NA CASA: 2. TALLERES DE

ESTIMULACIÓN COGNITIVA: 12. PROGRAMA DE CAMAS ARTICULADAS: 36. PROGRAMA DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL MUNICIPAL: 20. AXUDAS MATERIAL ESCOLAR: 135 solicitudes. PROGRAMA “MOS AXUDA” : 85 unidades familiares.

TRAMITES DE RECURSOS E PRESTACIÓNS.
A tramitación dos diferentes recursos e prestación do sistema de servizos sociais, implica unha importante carga de xestión administrativa, contabilizando no Rexistro a través do programa Gestiona, 507 saídas e 1.191 entradas no departamento.

Os recursos e prestacións do sistema que foron tramitados no ano 2022: Trámites do sistema de Dependencia. – 165. Discapacidade . – 155. Tramites de RISGA . -45. Axudas de Inclusión social .- 26. Axudas de emerxencia social Concello .-20. Pensións non contributivas .- 14. Tarxetas Benvida. – 12. Bono social eléctrico. -21. Termalismo Imserso- 12. Familias numerosas -14. Estancias temporais en residencia pública .-7. Bono alugueiro .-5. Respiro familiar.- 4. Incapacitacións xudiciais (informes ).- 28 (enviados ,no solicitados). Tarxeta moedeiro (ata xuño).- 14. Becas ( Ministerio ) .-48. Complemento de aluguer.- PNC- 5 novas solicitudes non prorrogas. Material escolar.- 135. Depotermal –.- 10. Benestar balnearios .– 4. Audiófonos (GAES E AMPLIFÓN). -10. Informes de ARRAIGO. -2. Informes por desafiuzamento( xulgado ).- 8. Solicitudes de programa de alimentos.- 30. Camas articuladas .- 14
Para a maioría das prestacións e intervencións e necesario aplicar unha serie de técnicas de intervención profesional como: Diferentes entrevistas con usuario ou unidade familiar: (informativa, orientación, asesoramento, motivación, seguimento, estudo socio-familiar…) Visita domiciliaria. Coordinación constante e efectiva cos distintos sistemas de benestar e protección social que actúan no termino municipal: Interna coa responsable de Educación familiar, coordinadores do servizo de axuda no fogar, Mos- axuda, plan galego de inclusión… Externa, colexios, escolas infantís, IES, Atención temperá, CIM, centro de saúde, residencias, asociacións… Así como cos distintos sistemas de benestar, protección social, e entidades de iniciativa social e cooperación con outras administracións e poderes públicos na remisión de información necesaria nos procedementos que correspondan en relación cos servizos sociais comunitarios e as súas persoas usuarias.

Dende o departamento tamén se realiza o tramite e seguimento dos traballos en beneficio da comunidade en coordinación co CIS De Vigo, durante este ano tramitáronse plans de execucións de 14 penados.
SUBVENCIÓNS TRAMITADAS NO DEPARTAMENTO: Plan concertado-Solicitado 774.994,00€. Deputación .- Concedido 80.864,24 € (persoal + SAF básico). Concedido 13.300,00€ axudas básicas emerxencia. Servizo de atención temperá- Concedido 118.597,44€. O departamento de servizos sociais quere resaltar é poñer en evidencia a brecha dixital , ao considerar que constitúe un elemento mais que agrava a situación de vulnerabilidade social , posto que na actualidade a maioría de organismos esixen ademais da cita previa o tramite en sedes dixitais que un gran número de usuarios non poden acceder, incrementando a desvantaxe social e situacións de desigualdade dos cidadáns ante a administración, colaborando este departamento na súa medida en minimizar esta brecha

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES