Mércores, Febreiro 4, 2026
HomeComarcasO CondadoO SAF de Ponteareas maniféstanse diante do Concello para pedir melloras laborais

O SAF de Ponteareas maniféstanse diante do Concello para pedir melloras laborais

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar concéntranse hoxe ás 14:00 horas diante do Concello “en protesta polas condicións laborais de total precariedade que padecen”, segundo fai saber nun comunicado o sindicato CIG.

Este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que presta servizo en Ponteareas se mobilizan para reclamar que a empresa que ten nas súas mans o servizo cumpra co convenio e deixe de realizar “incumprimentos moi graves que as manteñen nunha situación de total precariedade”, tal e como explicou para Si Radio a representante do sindicato Mercedes Domínguez.

Domínguez apunta a que la Concellería de Benestar Social coñece a situación e que intermediou entre as traballadoras e a empresa para intentar solucionar a problemática, pero “recibiron unha resposta negativa”. Neste senso, no caso de que continúen sen chegar a un acordo, Mercedes Domínguez avanza que “pediremos á concellería que no continúen con esta empresa”.

Escoita aquí a entrevista completa con Mercedes Domínguez:

 

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS