viernes, abril 19, 2024
InicioComarcasLouriñaMos conmemora o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Mos conmemora o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Une a colectivos e escolares baixo o mesmo paraugas organizando contacontos e obradoiros

O Concello de Mos organizou con motivo do Día da Discapacidade tres actividades con escolares. Trátanse de dous contacontos, un a cargo da Fundación Igual Arte e outro da Federación de Persoas Xordas; e o obradoiro impartido pola Asociación EVD Galicia, “Todos baixo o mesmo paraugas”.
A concelleira de Educación, Julia Loureiro, participou no CEIP Pena de Francia co alumnado de Infantil no contacontos organizado polo Concello de Mos con motivo do Día da Discapacidade e levado a cabo pola Asociación Fundación Igual Arte co seu grupo de animación Variopinto.

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a Fundación Igualarte co seu grupo de animación “Variopinto” e o Concello de Mos, únense co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os ámbitos da vida.

Esta actividade está dirixida a todo o alumnado de Educación Infantil de tres centros educativos: Pena de Francia, Mestre Valverde Mayo e Mestre Martínez Alonso. No contacontos integrantes de Variopinto, representan o conto de “Elmer, un elefante diferente” con animación musical inicial.

Un conto sobre a tolerancia, aceptación dun mesmo, a procura da felicidade, todo iso a través da acertada metáfora das cores. Elmer acabará dándose conta de que os seus amigos queren polo que é e se fora igual aos demais acabaría perdendo a súa esencia.

Contacontos en lingua de signos

Outro dos contacontos para infantil é o realizado pola Federación de Persoas Xordas. Resulta moi interesante que os máis cativos aprendan a expresarse nun idioma que pode facilitar a comunicación con persoas xordas, xa que poden encontrarse con compañeiros con esta discapacidade ao longo da súa vida.

Os contacontos en lingua de signos, son narracións signadas de contos populares, os cales tradúcense simultaneamente a través dunha intérprete de lingua de signos. A riqueza visual e expresiva destaca especialmente nesta actividade que acerca aos máis pequenos á lingua de signos e ao coñecemento das persoas xordas. A súa vez, realízase una adaptación de contos xa coñecidos.

Esta actividade está dirixida a todo o alumnado de Educación Infantil dos colexios de Atín e Petelos. Os contos que se interpretan son «A que sabe a lúa?» e «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis».

Todos baixo o mesmo paraugas

Entre os días 29 de novembro e 2 de decembro, leváronse a cabo uns obradoiros “Todos baixo o mesmo paraugas” impartidos polo Centro das Escravas da Virxe Dolorosa co obxectivo de sensibilizar aos/as nenos/as e á mocidade do municipio. E o venres 3 de decembro, os estudantes saíron ao patio co material elaborado nestes talleres para reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade.
Os obxectivos desta actividade son mellorar a integración e a inclusión do colectivo con discapacidade. Promover un clima de traballo cooperativo e colaboración entre rapaces e rapazas. Favorecer as situacións de igualdade nas relacións. E fomentar o aprendizaxe de valores baseados no respecto polas diferenzas, a igualdade e a tolerancia.
Neste caso, o alumnado ao que se ofertou esta actividade de educación en prol da igualdade foi para 2º e 3º de Primaria nos colexios de Atín, Mestre Valverde Mayo e Petelos; no Pena de Francia que escolleron realizala en 1º e 2º de Primaria e no IES de Mos, impartiuse nos cinco grupos de 1º da ESO.
A actividade consistiu na visita de EVD Galicia (unha usuaria e unha monitora) do Centro de Petelos na que presentaron aos escolares o centro no que residen, como funciona e como é o seu día a día no propio centro. Seguidamente, en pequenos grupos de 5 escolares, as usuarias da man das monitoras decoran un paraugas no que teñan cabida todos, fomentando a igualdade e a tolerancia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES