viernes, junio 2, 2023
Google search engine
InicioComarcasLouriñaA Policía Local de Mos detén a dúas persoas polo presunto roubo...

A Policía Local de Mos detén a dúas persoas polo presunto roubo de gasóleo en camións

Foi un particular o que deu a voz de alarma e iniciouse unha persecución

mos policia local subtracción gasoleo 2A Policía Local de Mos logrou esclarecer a autoría de varios roubos de combustible en camións que se estaban producindo nos últimos días no municipio coa detención de dúas persoas.
Tralo aviso dun particular afectado por estes furtos o pasado sábado, a Policía Local solicitou o apoio da Garda Civil para seguir ao vehículo ocupado polos sospeitosos, que se deron á fuga. Para impedir a súa marcha, alertaron á Policía Local dos municipios limítrofes de Redondela e Porriño, ao ser as dúas únicas vías de escape posibles.
Finalmente, o vehículo foi detectado pola Policía Local de Mos na N-550, escondido tras un camión, aínda que volveu a emprender a marcha, esta vez sen éxito grazas á acción conxunta das patrullas da Policía Local de Mos e Porriño e da Garda Civil.
Durante a detención, os axentes comprobaron que o vehículo era roubado e fora “ponteado”. Ademais, tanto no asento traseiro como no maleteiro encontraron garrafas e ferramentas destinadas ao roubo de gasóleo.
Así mesmo, a Policía Local contaba coa declaración dun veciño que a noite anterior fora testemuña dos feitos e sacara fotos de como estas dúas persoas subtraían o gasóleo dun camión estacionado próximo á súa vivenda

ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES