viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísGalicia prepara a dose de reforzo para os vacinados con Janssen

Galicia prepara a dose de reforzo para os vacinados con Janssen

Galicia comezará este venres 19 de novembro, a vacinar, sen cita previa, aos mariñeiros que recibiron Janssen e citará ao resto de poboación que recibiu esta vacina. Tamén recibirán a dose de reforzo os galegos e galegas de 70 a 79 anos nos vacinódromos. 

Os mariñeiros galegos aos que se lles administrou a vacina de Janssen poderán recibir a dose de reforzo a partir do venres. Debido ás condicións laborais do colectivo, daranlles máis facilidades para completar a inmunización. 

Poderán poñer a dose de reforzo da vacina da covid–19 sen necesidade de ter unha cita previa. Cando cheguen da marea poden acudir aos centros de vacinación masiva ou aos hospitais públicos.  

En principio poderán acudir a calquera dos once puntos de vacinación a partir deste venres 19 de novembro e ata o 5 de decembro.  Deberán ter pasados polo menos tres meses desde que recibiron a vacina de Janssen.

A dose de reforzo que lles inxectarán será de Moderna ou de Pfizer. O Sergas seguirá ofrecéndolles a vacina de Janssen aos tripulantes que por algunha razón aínda non teñan posta ningunha. Pasados os tres meses tamén recibirán a dose de reforzo.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES