domingo, mayo 28, 2023
Google search engine
InicioNewsO PaísA Xunta felicita aos 30 concellos distinguidos co Vilas en Flor

A Xunta felicita aos 30 concellos distinguidos co Vilas en Flor

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou en Allariz na entrega dos premios, un recoñecemento internacional á súa biodiversidade e riqueza paisaxística.

A Xunta de Galicia felicita aos 30 concellos que recibiron esta mañá o premio Vilas en Flor, o que se traduce nun recoñecemento internacional do potencial da biodiversidade e da riqueza paisaxística no seu territorio. Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola Fundación Juana de Vega, a Asociación de Viveristas de Galicia (Asvinor) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar), apoiado pola Xunta de Galicia, para distinguir os espazos verdes cos municipios galegos. 

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou esta mañá na entrega dos Vilas en Flor- aos que a Xunta achega 12.100 euros-, e destacou que a concesión deste galardón é unha mostra do seu compromiso e esforzo por poñer en valor, non só os espazos naturais, senón tamén unha das peculiaridades máis identificativas de Galicia, como é a paisaxe.

Indicou que protexela, conservala e coidala é unha obriga e responsabilidade das administracións públicas, polo que a Xunta non aforrará esforzos para que o 100% dos concellos galegos se sumen á nova filosofía impulsada polo Goberno galego: o fermosismo. Explicou que neste reto o Instituto de Estudos do Territorio (IET) terá un papel importante no vindeiro exercicio, no que disporá dun 53% máis de orzamento –ata chegar aos 5,6 millóns de euros-.

Vázquez Mejuto avanzou que estes recursos servirán para continuar, entre o outras iniciativas, co desenvolvemento da Estratexia da Paisaxe Galega (2021-2024), en base á que se elaboran as guías de boas prácticas (na actualidade xa son 11 as publicadas e ás que se sumarán a de instalacións portuarias, cartelería ou parques empresariais); o proxecto A paisaxe galega desde a bicicleta, para coñecer as paisaxes galegas sobre dúas rodas; ou o Pacto pola paisaxe da Ribeira Sacra, con actuacións que mellorarán moitos puntos da recentemente declarada Reserva da Biosfera.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

- Advertisment -
Google search engine

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES