jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísAs persoas inmunizadas con Janssen terán reforzo doutra vacina

As persoas inmunizadas con Janssen terán reforzo doutra vacina

As persoas que recibiron a vacina de Janssen, monodose, recibirán unha nova inxección de reforzo pero será doutra farmacéutica. Recibirán Moderna ou Pfizer, vacinas de RN mensaxeiro.

Son preto de 2 millóns de persoas en España as que recibiron o antídoto contra a COVID-19 de Janssen e tendo en conta a alta porcentaxe de persoas que contraeron o virus a pesar de teren sido inmunizadas, serán dos primeiros en recibir unha dose de reforzo independentemente da súa idade.

A Ponencia de Vacinas vaille propor á Comisión de Saúde Pública esta medida, que deberá ser aprobada definitivamente no Consello Interterritorial de Saúde.

Os vacinados con Janssen sumaranse por tato aos colectivos de maiores de 70 anos, aos residentes en centros de maiores e a outros grupos de persoas inmunodeprimidas que xa están recibindo doses de reforzo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES