jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO PaísA vacina de Pfizer é segura para a cativada de 5 a...

A vacina de Pfizer é segura para a cativada de 5 a 12 anos

Podería comezar a inocularse a finais do mes de outubro en nenas e nenos de esa franxa de idade con dúas doses separadas entre sí por tres semanas de tempo.

 Se se cumpre o proceso previo de revisión da vacina, a vacina para nenos de cinco a once anos podería estar dispoñible para finais de outubro.

As farmacéuticas Pfizer e BioNTech anunciaron  que os resultados das últimas probas clínicas da súa vacina contra a covid−19 para nenos e nenas de cinco a once anos xerou unha «robusta» resposta de anticorpos e é segura.

As probas realizáronse a 2.268 participantes de cinco a once anos coa inoculación de dúas doses da vacina, con período de tres semanas entre cada unha delas.

As doses empregadas son de dez microgramos, en lugar dos 30 microgramos empregados nas vacinas para os maiores de 12 anos.

Segundo a compañía, a vacina ofreceu «unha forte resposta neste grupo de nenos tras a segunda dose» e «ademais, foi ben tolerada, cos efectos secundarios comparables» cos de persoas de maior idade.

A vacina de Pfizer/BioNTech está aprobada formalmente nos EUA polas autoridades para maiores de 16 anos e conta con autorización de emerxencia para persoas de 12 a 15 anos.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES