lunes, mayo 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoUn motorista perde a vida tras sufrir unha caída en Tui

Un motorista perde a vida tras sufrir unha caída en Tui

Un mozo de 24 anos, de Tui, faleceu despois de caer da moto que conducía na estrada PO-340, ao seu paso pola parraquia de Malvas.

Ao redor das 18:15 horas, unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia deste sinistro e, deseguido, tamén os servizos sanitarios confirmaban o accidente e indicaban ademais que a persoa estaba inconsciente.

De maneira inmediata, os xestores do 112 Galicia comunicaban os feitos á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Baixo Miño e tamén á Policía Local e Protección Civil de Tui.

Xa no lugar, os servizos de emerxencias non puideron máis que confirmar o falecemento do motorista, un mozo de Tui de 24 anos de idade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES