viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsA RaiaNon se require certificado sanitario para cruzar a fronteira portuguesa

Non se require certificado sanitario para cruzar a fronteira portuguesa

O Consulado General de España en Lisboa aclara que non é necesario presentar un certificado sanitario para cruzar a fronteira terrrestre portuguesa.

O país luso atópase en situación de calamidade, cando menos, ata o 25 de xullo. Isto quere dicir que en Portugal rexen unha serie de normas que decretou o goberno liderado por Antonio Costa co fin de atallar o avance da COVID-19.

Así, as autoridades decidiron que era necesario presentar un certificado sanitario, ben unha proba PCR con resultado negativo en coronavirus ben un test de antíxenos ou o certificado COVID da Unión Europea, para viaxar dende España a Portugal por vía aérea pero non para cruzar a fronteira interior terrestre.

Na actualidade, non existen xa controis na fronteira interior terrestre entre Portugal e España polo que non se require presentar probas negativas en COVID-19 para entrar no país luso dende o territorio español.

Captura

Con todo, Portugal si esixe en todos os seus concellos presentar probas diagnósticas negativas en COVID-19 ou o certificado de vacinación da Unión Europea para hospedarse nos establecementos turísticos e aloxamentos como, por exemplo, hoteis. Hai, tamén, toque de queda, dende as 23:00 horas ata as 05:00 horas, nos municipios que se atopan nun nivel de risco moi elevado ou elevado. É o caso de Lisboa, Porto, Sintra ou Braga entre outros.

No sector da hostalería rexen unhas limitacións que entran en vigor dende o inicio da fin de semana. As persoas que desexen acudir ao interior dos resturantes lusos a partir das 19:00 horas do venres ata o domingo incluído, amáis dos festivos, deberán presentar un Certificado Dixital da UE ou test negativo en COVID. Estas restricións están vixentes nos concellos que se sitúen, pola súa incidencia, nun nivel de risco «moi elevado» ou «elevado».

Así como non é necesario presentar ningún tipo de proba negativa nin certificados para cruzar a fronteira terrestre dende España a Portugal tampouco se esixe dende o outro lado da raia. Si se esixe, ao igual que no caso contrario, certificacións sanitarias para viaxar por vía marítima ou aérea, das que están exentos os menores de 12 anos.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES