miércoles, mayo 1, 2024
InicioComarcasLouriñaRosa Montenegro presenta en Mos “El yo y sus metáforas”

Rosa Montenegro presenta en Mos “El yo y sus metáforas”

Trátase do primeiro libro que presenta esta pedagoga dentro do ciclo “Mos coa lectura” interrompido pola incidencia da COVID-19 no municipio a finais de maio.

Adiado por mor das restricións que o Concello de Mos sufriu debido á pandemia, retomouse o ciclo “Mos coa lectura” co último dos actos programados. Rosa Montenegro puido así presentar o seu primeiro libro “El yo y sus metáforas” fai uns días no Centro Dotacional de Torroso.

presentación libro mos rosa montenegro 3Escrito durante o confinamento, a obra publicouse en abril en varios formatos e é un dos máis vendidos en versión dixital en kindle.

Este libro xorde como unha recompilación da experiencia de Rosa como pedagoga. “Axuda a que cada persoa descubra o que esqueceu ou o que non se manifestou. Unha parte importante da felicidade consiste en aceptarse e quererse. O libro é un instrumento para unha viaxe submarina cara a dentro de un mesmo”, explicou.
É unha lectura para facer con calma e traballar os conceptos.
Un libro dirixido aos que teñan a madurez emocional suficiente para saber analizarse, persoas sensibles que teñan a fortaleza de mirar dentro de sí, non é imprescindible unha formación intelectual.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES