domingo, mayo 19, 2024
InicioNewsO PaísGalicia supera os 1600 casos activos

Galicia supera os 1600 casos activos

Galicia conta, en total, con 1.673 casos activos, isto é, 94 máis que onte, segundo Sanidade.

Os positivos en COVID-19 aumentan na comunidade ata superar os 1.600 casos. En concreto son 1673, é dicir, 94 máis que na xornada anterior, segundo a última actualización de Sanidade.

Os casos aumenta na área de Vigo e na de Pontevedra, as máis afectadas polo macrogromo das viaxes de fin de curso ás Baleares, tamén aumenta na da Coruña, Lugo e Ferrol e baixa na de Ourense.

  • Área Sanitaria da Couña 512 (+13)
  • Área Sanitaria de Vigo 285 (+29)
  • Área Sanitaria de Ourense 168 (-2)
  • Área Sanitaria de Lugo 206 (+13)
  • Área Sanitaria de Ferrol 76 (+6)
  • Área Sanitaria de Santiago 164 (+11)
  • Área Sanitaria de Pontevedra 264 (+24)

En canto á presión  hospitalaria, son dous pacientes máis ingresados por mor da COVID-19. En toal, son 44 en camas convencionais e 10 na UCI.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES