sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasO CondadoAterraxe de emerxencia en Mondariz-Balneario

Aterraxe de emerxencia en Mondariz-Balneario

Unha avioneta tivo que realizar unha aterraxe de emerxencia, esta mañá, sen que ninguén resultase ferido, no concello de Mondariz-Balneario.

Pasadas as 12:30 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular para alertar de que acababa de ver unha avioneta en voo descendente despois de escoitar unha forte explosión. A persoa indicaba que a aeronave parecía continuar planeando cara a zona de Padróns e que descoñecía se esta chegara a aterrar ou non.

Inmediatamente, os xestores do CIAE-112 informaron á torre de control do aeroporto, ao Servizo Aéreo de Rescate, á Garda Civil e aos servizos sanitarios. Ademais, tamén se lle notificou a información aos Bombeiros do Porriño, ao GES- SPEIS de Ponteareas e aos membros de Protección Civil de Oitavén- Tea.

Minutos despois, a dotación de Bombeiros do Porriño chegada ao lugar, confirmoulle ao 112 que a avioneta estaba en terra, despois de ter que efectuar unha aterraxe de emerxencia, e que a persoa do seu interior estaba ilesa.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES