martes, mayo 14, 2024
InicioComarcasLouriñaÚltimo asfaltado do Plan de Mellora de Camiños en Mos

Último asfaltado do Plan de Mellora de Camiños en Mos

Comezaron xa os traballos de pavimentación no Camiño de Mosqueira en Guizán, derradeira das cinco estradas municipais optimizados, que quedarán rematados esta mesma tarde

A falla unicamente da sinalización horizontal, mediante pintado, nos 5 camiños, este mércores iniciouse o último dos asfaltados incluídos no Plan Municipal de Mellora da Pavimentación en Camiños do Concello de Mos: o Camiño de Mosqueira, na parroquia de Guizán, que quedará finalizado esta mesma tarde.
Os outros catro, nos que xa se levou a cabo a reposición do firme, son os camiños de Couso (Pereiras), Xaberga (Pereiras), Pardellas (Cela) e Piñeiro (Louredo).
Estas obras, que forman parte do Plan Municipal de Mellora da Pavimentación, fináncianse con fondos propios da administración local e dividíronse en dous lotes.
O lote 1 inclúe os camiños Mosqueira (Guizán) e Piñeiro (Louredo) e o lote 2 os camiños Xaberga (Pereiras), Couso (Pereiras) e Pardellas (Cela). A inversión total que fai o Concello de Mos nestas melloras ascende a 231.611,70 euros.

O Concello de Mos fai unha inversión de máis de 230.000 euros nestas melloras

O Camiño Mosqueira (Guizán) ten unha lonxitude de 271 metros e un ancho medio de 5 metros, o Camiño Piñeiro (Louredo) unha lonxitude de 488,50 metros e un ancho medio de 5 metros, o Camiño Xaberga (Pereiras) unha lonxitude de 538 metros e un ancho medio de 6 metros, o Camiño de Couso (Pereiras) unha lonxitude de 775 metros e un ancho medio de 5 metros e o Camiño de Pardellas (Cela), unha lonxitude de 1001 metros e un ancho medio de 5 metros. Un total de máis de 3 quilómetros de vías foron así asfaltados.
As obras de mellora da pavimentación, comprenden actuacións previas como o desbrozado lateral, limpeza de cunetas e noiros, seguidas dos firmes e pavimentos nos que se realiza unha regularización da capa de rodadura coa aplicación de asfalto, recrecido, aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica e por último as obras adicionais que son as necesarias para realizar actuacións que non están englobadas na pavimentación pero que son imprescindibles para que a obra quede perfectamente rematada e garantir totalmente a seguridade viaria. Como obras adicionais considéranse o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos e o arranxo das beiravías. Para finalizar dotarase aos camiños con sinales de prohibición e obriga co fin de facilitar as incorporacións nas interseccións.
O Concello de Mos ten como un dos obxectivos principais da administración local que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria. Así como avanzar no Plan Mos Humanizado para seguir a construír un municipio máis transitable e habitable, máis cómodo e amable para circular tanto a pé como en vehículo. É por elo que se consideran estas obras tan necesarias, posto que supoñen unha importante optimización da seguridade viaria

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES