viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsComarcasSalvaterra sen positivos nunha semana e volven os casos a Mos

Salvaterra sen positivos nunha semana e volven os casos a Mos

Mos sitúase agora cunha inidencia inferior aos 10 casos por cada 100.000 habitantes.

Segundo a última actualización de Sanidade, a COVID-19 deixou de circular entre a veciñanza de Salvaterra de Miño e en Mos volven os casos logo de que o SERGAS situarao sen contaxios na actualización do 18 de xuño.

Salvaterra de Miño súmase á listaxe dos concellos nos que a COVID-19 non te presenza no periodo dunha semana. Nesta listaxe continúan A Guarda, A Cañiza e Salceda de Caselas. Os municipios que si están libres do virus son os de Covelo, Crecente, Arbo, O Rosal, As Neves, Oia, Nigrán, O Porriño, Fornelos de Montes, Mondariz e Mondariz-Balneario pois non teñen casos nin nos últimos 7 nin nos últimos 14 días.

Mos sitúase agora na incidencia máis baixa do rango de Sanidade con menos de 10 positivos por 100.000 habitantes nunha semana logo de que a COVID-19 deixara de circular entre a veciñanza dende a actualización do 18 de xuño do SERGAS.

Dos concellos das comarcas, só Vigo e Redondela superan o abano dos 1-9 positivos en 7 días. No caso da cidade olívica rexistra 46 contaxios, cunha incidencia entre os 10 e os 25 casos por cada 100.000 habitantes nunha semana, e Redondela conta con 10 cunha incidencia superior aos 25 por 100.000. Ambos fóra da zona considerada de risco por Sanidade.

Tui e Ponteareas sitúanse no abano dos 1-9 casos sen superar a incidencia dos 25 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana.

Tomiño non supera agora os 10 casos por 100.000 habitantes nunha semana e con esta mesma situación epidemiolóxica seguen Baiona e Gondomar.

A Área Sanitaria de Vigo conta con 189 casos activos. Isto é, dous menos que na anterior xornada. En canto á presión hospitalaria son 6 pacientes en camas convencioanais, un menos que onte e permanece unha persoa ingresada por mor da COVID-19 na UCI.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES