martes, abril 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui conmemora cun recital o 130 aniversario dos Xogos Florais

Tui conmemora cun recital o 130 aniversario dos Xogos Florais

Será o venres, ás 20 horas na Praza de Frómista.

Tui conmemora este venres o 130 aniversario dos Xogos Florais de Galicia, evento que marcou un fito na historia de Galicia por ser o primeiro acto público celebrado integramente en lingua galega. Esta conmemoración consistirá na celebración dun recital poético este venres, ás oito da tarde na Praza de Frómista, fronte ao Teatro Principal, edificio actualmente en ruínas, pero que en 1891 foi sede dos Xogos Florais.

O recital, titulado “Xela Arias no século XXI”, reunirá as compañeiras de xeración da escritora galega a quen estivo dedicado este ano o Día das Letras Galegas. O acto estará presentado pola escritora Susana Trigo e contará coa presenza de Ana Romaní, Cristal Méndez, Marga do Val e María Xosé Queizán. Ademais, a parte musical deste recital poético correrá a cargo da Orquestra do Conservatorio Profesional de Música de Tui.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES