sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra aproba as axudas para a adquisición de libros e material escolar

Salvaterra aproba as axudas para a adquisición de libros e material escolar

O Concello de Salvaterra de Miño, un ano máis, vén de aprobar en Xunta de Goberno as axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar de infantil, para o curso 2021-2022.

Salvaterra busca promover o prinicpio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos, «entendendo por tales a adquisición de libros e material escolar, dirixido ao alumnado dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares do municipio», segundo apuntan dende o Concello.

O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 12 de xullo ao 12 de agosto de 2021, ambos inclusive. Os interesados deberán presentar as solicitudes acompañadas da documentación en Servicios Sociais, martes, mércores e xoves de 09.00h a 14.00h, previa cita telefónica no 697 911 050.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES