viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasLouriñaReabren a piscina e os parques da auga de Mos

Reabren a piscina e os parques da auga de Mos

Tras o parón do ano pasado por mor da COVID-19 retómase a actividade nos parques da auga de Sanguiñeda e a Pesqueira e na piscina ao aire libre de San Eleuterio.

A reapertura prodúcese con motivo do inicio da tempada estival. Así dende xa, os parques da auga da Pesqueira e Sanguiñeda estarán en funcionamento todos os días en horario de mañá, de 12.00 a 14.00 horas, e de tarde, de 16.00 a 21.00 horas.
Pola súa banda, a piscina ao aire libre de San Eleuterio abrirá ao público o día 1 de xullo, con horario ininterrumpido de 11.00 a 21.00 horas.
Estas instalacións constan de dous vasos, un grande e un pequeno (destinado ao uso e desfrute dos cativos de menor idade), baños e con servizo de socorrista. A piscina está situada na zona oeste da urbanización de San Eleuterio, na parroquia mosense de Tameiga, xunto ó parque infantil e a pista deportiva. Previamente á posta en funcionamento desta área de lecer, dende o Concello de Mos realizáronse labores de limpeza xeral de ambos vasos con reposición de auga e realización dos correspondentes tratamentos da mesma.
O pasado verán, por mor da situación sanitaria derivada da COVID-19, as instalacións de ocio estival mosenses, piscina e parques da auga, non se abriron ao público nin foron utilizadas, pero este ano retoman xa a súa actividade con todos os protocolos e medidas sanitarias de seguridade e prevención para dar servizo e recursos de lecer á veciñanza pero sempre con todas as garantías para a saúde

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES