jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsComarcasMondariz, libre de COVID-19 e Tomiño, sen casos nunha semana

Mondariz, libre de COVID-19 e Tomiño, sen casos nunha semana

A incidencia baixa en Redondela e aumenta, pola contra, na Guarda.

Segundo a última actualización de Sanidade, a COVID-19 deixa de circular entre a veciñanza de Mondariz e en Tomiño non se rexistran casos positivos no periodo dunha semana. A incidencia baixa no concello de Redondela e, pola contra, aumenta na Guarda. Amáis, o conxunto da Área Sanitaria de Vigo baixa dos 300 casos activos.

Mondariz únese aos concellos de Covelo, O Rosal, As Neves, Crecente, Mondariz-Balneario e Fornelos de Montes como municipios nos que o virus deixou de ciruclar entre a súa veciñanza. Pola súa banda, son cinco localidades nas que non se diagnostican casos no periodo de 7 días: Arbo, Mos, O Porriño, Nigrán e, dende esta última actualización, Tomiño.

A incidencia aumenta na Guarda ao situarse entre os 25 e os 75 positivos por 100.000 habitantes nunha semana, sen superar, iso si, o abano dos 1-9 casos. A mesma situación epidemiolóxica na que se manteñen os concellos de Gondomar, Pazos de Borbén e Soutomaior.

Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra, A Cañiza, Vigo e Baiona continúan na segunda incidencia máis baixa do rango de Sanidade con menos de 25 positivos po 100.000 habitantes nunha semana. Redondela sitúase agora xunto con estes municipios.Ponteareas conta con menos de 10 por 100.000 en 7 días. Só a cidade olívica supera o abano dos 1-9 casos con 55, isto é, cinco menos que na anterior xornada.

A Área Sanitaria de Vigo baixa dos 300 casos activos

O conxunto da Área Sanitaria de Vigo conta con 292 casos activos. Deste xeito, reduce a máis da metade o número de positivos que rexistrou no mes de maio cando alcanzaba os 900.

En canto á presión hospitalaria, son 6 pacientes ingresados por mor da COVID-19 en camas convencionais, dous menos que onte, e mantense en catro nas UCI.

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES