viernes, marzo 29, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO colexio de Caldelas de Tui será un CEIP ao incorporar unha...

O colexio de Caldelas de Tui será un CEIP ao incorporar unha unidade de infantil

A Consellería de Educación promove unha ampliación dos seus espazos educativos para converter o centro en CEIP, coa incorporación de 20 alumnos de Infantil procedentes da unitaria, atendendo unha petición da comunidade escolar.

 A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vai proceder á conversión da escola de Educación Primaria de Caldelas de Tui nun CEIP coa creación dunha nova unidade de Educación Infantil que permitirá concentrar os espazos lectivos desta parroquia tudense.

O xefe territorial, César Pérez, concretou esta actuación nunha visita realizada ao centro xunto coa súa xunta directiva, representantes da Anpa e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e anunciou o investimento de 40.000 euros para adaptar e ampliar os espazos necesarios.

«Ata a data en Caldelas de Tui funciona unha escola unitaria e un Centro de Educación Primaria (CEP), pero atendemos unha demanda das comunidades educativas e das nais e pais para centralizar todas estas etapas formativas nun só centro, o que facilitará o transporte, a loxística e incluso o ritmo escolar, para o cal imos converter o actual colexio nun CEIP», explicaron dende a Consellería de Educación.

Deste xeito, o centro vai ampliar a súa matrícula dende o vindeiro curso académico 2021/2022 coa incorporación dunha vintena de alumnos procedentes da unitaria desta mesma parroquia.

Para permitir esta unificación, consensuada con todas as partes afectadas, vaise realizar unha obra durante este verán que consistirá na habilitación dunha aula e dos servizos anexos necesarios para dar acollida aos novos estudantes.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES