viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísGalicia, nunha nova desescalada dende esta fin de semana

Galicia, nunha nova desescalada dende esta fin de semana

Debido a situación epidemiolóxica da comunidade, a partir deste sábado 12 de xuño, Galicia conta cunhas novas medidas para avanzar na desescalada.

Así, dende esta fin de semana, ningún concello estará no nivel máximo nin tampouco no alto. Isto implica que toda a hostalería de Galicia estará aberta, tanto no interior como no exterior dos locais. Segundo explicou este mércores o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, «o 98,2% da poboación reside en concellos cun nivel de incidencai medio ou baixo». O horario do sector amplíase ata á 01: 00 horas sempre que garantan a calidade do aire e controleo os niveis de CO2. Poderanse xuntar 6 persoas no interior e aumenta ata 15 o número máximo de clientes que poden estar nunha mesma mesa nas terrazas.

Outras das novidades é que xa non haberá límites para as agrupacións de persoas polo que deixan de estar prohibidas as reunións de non conviventes entre a 01:00 horas e as 06:00 horas. E xa é posible reunións nas vivendas e nos espazos públicos. Con todo, dende Sanidade apuntan a que «cómpre adoptar medidas de protección e seguridade fronte á COVID-19».

No eido da mocidade, flexibilízanse as medidas que regulan as actividades de tempo libre para a mocidade, que elevan a súa capacidade ata o 70%.

Co fin de consolidar a boa evolución de Galicia en canto aos datos da COVID-19,Sanidade lembra a necesidade de ser prudentes e usar a mascarilla e manter a distancia social. Deste xeito, o conselleiro, Julio García Comesaña, chamou onte á tarde aos alcaldes das 7 principais cidades galegas e ao presidente da Fegamp, «para que axuden a cumprir ás normas e poder, asi, continuar coa desescalada gradual e paulatina».

Só nos concellos de Mos, Oroso, Soutomaior, Xove e Viveiro rexen as medidas do nivel medio (aforamentos do 30% no interior dos locais e do 50% no exterior), os demais municipios de Galicia atópanse no nivel medio-baixo de restricións. 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES