sábado, abril 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoFestas do Monte sen romaría nin desfile de Bandas Mariñeiras

Festas do Monte sen romaría nin desfile de Bandas Mariñeiras

O Concello da Guarda, a comisión de festas e representantes das Bandas Mariñeiras reuníronse esta semana para organizar as Festas do Montes, que terán lugar en dous meses.

Debido ao actual escenario cambiante derivado da pandemia, entre todos decidiron suspender os actos máis multitudinarios da festa: o desfile das Bandas Mariñeiras e a romaría de subida ao monte. Ademáis, tampouco haberá tirada de fogos.

O alcalde, Antonio Lomba, trasladoulle aos asistentes á reunión a dificultade de facer unha programación da festa a dous meses vista tendo en conta os cambios que se producen cada poucos días na situación sanitaria e as continuas modificacións da Xunta nas autorización de eventos, medidas de seguridade e prevención. Lomba informou da decisión de non celebrar a tradicional tirada de fogos, pero realizar durante toda a semana eventos adaptados a situación sanitaria do momento.

A previsión nun principio é de ter polas mañás os clasicos pasarúas por todos os barrios e parroquias da localidade, organizar eventos deportivos e culturais polas tardes, e animación musical polas noites con pequenos grupos deslocalizados por distintas prazas para tentar, na medida do posible, dispersar e non centralizar a veciños e visitantes en lugares concretos.

En canto a celebración do desfile do sábado e romaría do domingo, os representantes das Bandas Mariñeiras presentes nesta reunión foron conscientes da actual situación e de que é moi complicado garantir as medidas sanitarias e a seguridade nestes tempos de pandemia. Dado que resulta imposible dar seguridade sanitaria a os participantes e público que asiste ao desfile do sábado así como as trouladas que participan na romaría do domingo, tomouse a decisión de deixar en suspenso as actividades destes dous días.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES