martes, mayo 14, 2024
InicioNewsO PaísGalicia prevé ter liberdade nocturna e de reunión en 15 días

Galicia prevé ter liberdade nocturna e de reunión en 15 días

Se a incidencia da COVID-19 segue baixando en Galicia como ata agora, en 15 días Sanidade prevé eliminar o límite de persoas non conviventes que se poden reunir e tamén a prohibición de xuntarse de madrugada, de 1.00 a 6.00 horas.

 Membro do comité clínico, Pilar Farjas:

O comité clínico que asesora a Xunta analizará nunha reunión esta tarde, de novo, os datos de cada concello. Pechados perimetralmente está Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos, pero só mellorou notablemente o primeiro.

Non se prevé que tome medidas que supoñan grandes cambios nos nosos hábitos e libertades. Será en dúas semanas, se a baixada da incidencia segue sendo favorable, cando Sanidade prevé que sexa posible acabar coa prohibición da mobilidade e os encontros nocturnos entre a 1.00 e as 6.00 horas, así como as restricións un número máximo de persoas non conviventes reunidas (6 en interior, 10 en exterior).

Estas medidas de alivio están sobre a mesa e anunciounas a exconselleira de Sanidade e actualmente responsable de Cáritas, Pilar Farjas. O obxectivo do comité clínico é que a incidencia de Galicia se reduza en quince días a 50 casos por 100.000 habitantes, de xeito que todo o territorio se sitúe no nivel de risco baixo.

O comité clínico que asesora a Xunta na xestión da pandemia ten moi presente que as restricións de  mobilidade nocturna e de reunión afectan a dereitos constitucionais, polo que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) está especialmente vixiante para que as medidas que se adopten respondan a un criterio de «proporcionalidade».

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES