jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasO CondadoSó os ponteareáns poderán visitar as alfombras florais de Corpus

Só os ponteareáns poderán visitar as alfombras florais de Corpus

A Festa de Corpus Christi de Ponteareas terá este ano unha ducia de alfombras florais. Os alfombristas farannas ao amencer o domingo 6 de xuño, a tempo para que luzan durante a mañá ata que se desfagan coa procesión, despois da misa.

Unicamente as poderán visitar as ponteareás e os ponteareáns para evitar aglomeracións pero a súa confección será retransmitida en streaming.
Os portais alfombristas están baleiros estes días. A preparación dos materiais é inviable neles ao ter que gardar a distancia de seguridade entre persoas. A veciñanza traballa nas súas casas.
En edicións anteriores os tapices florais comezábanse a marcar no asfalto das rúas do centro de Ponteareas o sábado antes de anoitecer. Este ano comezarán a facerse o domingo, 6 de xuño, case ao abrir o día.
A pregoeira do Corpus 2021 será Maite Isla. Leerao como apertura da festa este sábado 5 de xuño, ás 20.00 horas, no auditorio
O Corpus 2021 terá programación festiva en Ponteareas, incluído o luns 7 de xuño, festivo local.
De cara ao verán, Ponteareas prepara un Museo Aberto do Corpus visitable con códigos QR.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES