viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoFalece un home en Tomiño pola picadura dunha avespa

Falece un home en Tomiño pola picadura dunha avespa

Un particular deu aviso ao 112 Galicia sobre ás 11:15 da mañá.

Un home falece esta mañá en Tomiño, mentres desbrozaba unha finca, por mor de varias picaduras dunha avespa nun brazo e nunha perna. Foi sobre as 11:15 horas cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular alertando do feito e mobilizáronse efectivos do GES da Guarda, un helicóptero medicalizado, a Policía Local de Tomiño e Garda Civil máis emerxencias sanitarias.

Os sanitarios intentaron reanimar ao home durante 90 minutos pero non poideron facer nada por salvarlle a vida ao home, de 53 anos de idade.Todo apunta a que era alérxico as avespas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES