jueves, noviembre 7, 2024
InicioNewsO PaísGalicia baixa dos 2400 casos activos

Galicia baixa dos 2400 casos activos

Arestora, son 2350 galegos e galegas coa COVID-19. Isto é, 50 menos que onte, segundo a última actualización do SERGAS.

Segundo Sanidade, Galicia conta con 2350 casos activos en COVID-19. 50 menos que na anterior xornada. Baixa tamén a presión hospitalaria na comunidade ata os 107 pacientes ingresados por mor do virus ata os 79 en camas convencionais, 14 menos, mentres se manteñen en 28 as persoas que precisan de coidados intensivos.

É a Área Sanitaria da Coruña a que rexistra un maior descenso en canto ao número de casos activos con 20 menos que onte ata os 426.

Por áreas sanitarias, os casos activos son :

  • Área Sanitaria de Vigo: 700 (-12)
  • Área Sanitaria de Santiago: 427 (-15)
  • Área Sanitaria da Coruña: 426 (-20)
  • Área Sanitaria de Pontevedra: 290 (-1)
  • Área Sanitaria de Lugo: 234 (+1)
  • Área Sanitaria de Ourense: 190  (-6)
  • Área Sanitaria de Ferrol: 83 (+3)

Falecen dúas persoas con COVID-19

O SERGAS vén de notificar o falecemento de dúas persoas con coronavirus na comunidade. Trátase dun home de 83 anos no Hospital comarcal de Monforte de Lemos e dunha muller de 94 anos no CHOP os dous, o 27 de maio. Ambos presentaban patoloxías previas, segundo Sanidade.

Así, son 2417 galegos e galegas as perderon a vida con COVID-19 dende o inicio da pandemia na comunidade.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS