lunes, octubre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaPorriño proxecta un gran parque público no Louro

Porriño proxecta un gran parque público no Louro

O Concello vén de acordar a compra de 20.000 metros cadrados de terreos na contorna do río

O concelleiro de Patrimonio e Urbanismo, Pedro Pereira, anunciou que chegou a un acordo para a compra de aproximadamente 20.000 metros cadrados de terreos na contorna do río Louro.

O edil vén de formalizar un acordo de compra con persoas propietarias de parcelas próximas ao río que permitirán crear un parque público “tan necesario na contorna do Louro para mellorar a calidade de vida da veciñanza”.

“Temos que apostar por abrir o río para as persoas. Pensamos que a contorna do Louro ten que ser a gran zona verde e de lecer do centro urbano do Porriño. Este é o primeiro paso necesario para transformar este entorno. Queremos proxectar un parque público na zona, que gañe máis espazos para a xente e no que instalar novos equipamentos”, apuntou Pedro Pereira.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS