domingo, abril 28, 2024
InicioComarcasLouriñaCondenado a 11 anos de prisión un veciño de Mos por abusar...

Condenado a 11 anos de prisión un veciño de Mos por abusar da súa cuñada menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a once anos de cárcere a un home que abusou de forma continuada da súa cuñada, menor de idade.

Ademais, o tribunal impúxolle cinco anos de liberdade vixiada e a prohibición de aproximarse á vítima e de comunicarse con ela durante doce anos. Os xuíces consideran probado que o sospeitoso aproveitaba que a nena, de 14 anos, ía á súa vivenda, situada en Mos, para coidar do seu sobriño para abusar dela. Como consecuencia destes feitos, a vítima sufriu tres ingresos hospitalarios motivados por intentos de suicidio e crises de ansiedade. O tribunal considera que o testemuño da afectada no xuízo foi “ verosímil, coherente e firme”. Ademais, indica que está corroborado polos partes médicos de ingresos hospitalarios. Os maxistrados tamén subliñan que as doutoras que realizaron o informe médico forense sobre as secuelas da menor concluíron que o cadro clínico que presentaba “se debía ao estrés postraumático relacionado coa súa relación co acusado”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES