sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoMáis de 150 tudenses concéntranse contra o parking soterrado

Máis de 150 tudenses concéntranse contra o parking soterrado

O goberno municipal aprobou en pleno a construcción deste aparcamento na traseira da Área Panorámica.

Máis de 150 comerciantes e veciños e veciñas de Tui concentráronse esta tarde fronte á casa do Concello da cidade para manifestarse en contra do aparcamento soterrado que o goberno municipal plantexa na traseira da Área Panorámica.

A capacidade do parking, dun único andar e 223 prazas de pago; a eliminación dos leiraparkings do centro urbano e a instalación de zona azul nas rúas lindeiras, son as razóns polas que se opoñen estes veciños, que solicitaron “reflexión” e lamentaron “falta de información”.

Representantes dos partidos da oposición (PP, BNG, Ciudadanos e Converxencia 21) secundaron dita protesta, que tivo lugar unha hora antes do comezo do pleno no que, finalmente, o goberno do PSOE-En Marea aprobou, co rexeitamento da oposición, a redacción do proxecto, construción e explotación do parking subterráneo, que será xestionado por unha empresa privada por 40 años.

O aparcamento, dunha planta, contará con 298 prazas, das cales 36 serán mercadas polo Concello para por a disposición do centro de saúde e outras 39 sairán á venda directa por 12.800 euros máis IVE. No caso de non atopar compradores para a totalidade das 39 prazas, o Concello deberá adquirir ás sobrantes. Quedan, polo tanto, 223 prazas para a rotación de vehículos, a un custe máximo de 1,42 euros/hora.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES