sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Museo do Mar da Guarda, incluído nunha guía europea mariñeira

O Museo do Mar da Guarda, incluído nunha guía europea mariñeira

Nesta guía están representados 25 museos galegos, un portugués e outro asturiano.

O Museo do Mar da Guarda acaba de ser incluído na guía Espazos Museísticos Pasaporte REMA, a primeira guía sobre a cultura mariñeira atlántica europea.

O proxecto Pasaporte REMA é una iniciativa financiada polo Fondo Marítimo da Pesca (FEMP) na que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) galegos.

O día 18 de maio, día internacional dos museos, lanzouse oficialmente a guía de Espazos Museísticos Pasaporte REMA que serán repartidos de modo gratuíto en cada un dos 27 museos da Rede REMA dos que se ofrece información na citada guía. Ademais, as persoas que visiten estes espazos poderán ir acumulando selos “Remiña” e, unha vez alcancen 5 estampas de museos localizados en alomenos dous territorios GALP, poderán participar no sorteo de 19 cestas mariñeiras, compostas de produtos de proxectos financiados polos GALP.

O prazo máximo para lograr estas estampas finaliza o día 2 de novembro de 2021. Ademais, unha cesta mariñeira sortearase proximamente a través das Redes Sociais do Proxecto Pasaporte REMA (Facebook: Pasaporte REMA, Instagram: @pasaporterema).

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES