viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsComarcasA Guarda, sen positivos en 7 días

A Guarda, sen positivos en 7 días

O municipio da Guarda suma 7 días consecutivos sen contaxios entre a súa veciñanza.

Segundo a última actualización de Sanidade, a COVID-19 deixou de circular entre os veciños e as veciñas da Guarda durante unha semana. Amáis, baixa a incidencia nos concellos de Nigrán e de Baiona. Mos continúa como o municipio que rexistra a peor situación epidemiolóxica das comarcas ao superar os 250 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana.

Nigrán pasa agora á segunda incidencia máis baixa que contempla o SERGAS ao rexistrar entre 10 e 25 contaxios por 100.000 habitanets nunha semana. Nesta mesma incidencia mantéñense, con respecto á actualización de onte, Tomiño, Redondela, Soutomaior, A Cañiza e tui. Ningún deles supera o abano do 1-9 casos.

Pola súa banda, o virus deixou de circular entre a veciñanza da Guarda durante 7 días polo que este municipio presenta unha das mellores situacións epidemiolóxicas das comarcas. Con todo, aínda mantén casos coa perspectiva de 14 días, así que non é posible incluilo na listaxe de concellos libres de COVID-19 como si o está o concello de Mondariz-Balneario.

Os demais concellos manteñen os datos con respecto á anterior actualización de Sanidade. Mos continúa na incidencia considerada de risco ao superar os 250 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana con 54 casos; isto é, 5 menos que onte. Séguelle Crecente, As Neves e Ponteareas con máis de 75 positivos por 100.000, sen superar o abano dos 1-9 casos agás a vila do Corpus con 20.

Cunha incidencia entre 25 e 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana, continúan os municipios do Rosal, Oia, Gondomar, Vigo, Fornelos de Montes, O Covelo, Arbo, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, O Porriño e Mondariz. Son dous os concellos que superan o abano dos 1-9 positivos, trátase da cidade olívica con 164 e O Porriño con 10.

Baiona rexistra a incidencia máis baixa que contempla Sanidade con menos de 10 positivos por 100.000 habitantes nunha semana.

A área baixa dos 800 casos activos

A Área Sanitaria de Vigo baixa da cifra dos 800 casos activos en COVID-19 por primeira vez dende a actualización do SERGAs do 22 de abril. Así, son 776 veciños e veciñas da área que teñen o virus. Isto é, 29 menos que onte.

En canto á presión hospitalaria, baixan ata os 30 os pacientes que están ingresados en camas convencionais, catro menos que onte, e nas unidades de coidados intensivos é unha persoa menos ata un total de 8.

A Área Sanitaria de Vigo continúa como a que máis casos activos rexistra do conxunto de Galicia.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES