sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasLouriñaOuro, prata e cuarto posto para o Club Natación Mos

Ouro, prata e cuarto posto para o Club Natación Mos

Roi Rodríguez, Adrián Trillo e Alberto Trincado, xunto con Carolina Pereiro, foron recibidos polos representantes municipais polos seus logros

Coincidindo coa V Xornada de Natación Máster que o pasado dominso se disputou na piscina municipal do Pavillón Óscar Pereiro, o Concello de Mos organizou unha recepción ao Club Natación Mos polos últimos resultados obtidos no Campionato Galego de Fondo Máster e no Campionato de España Infantil.
Ao acto homenaxe ao club asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o concelleiro de Deportes, José Areal e demais edís membros do equipo de goberno local e representantes dos grupos da Corporación Municipal.
O Club Natación Mos acudiu con só tres nadadores ao Campionato Galego de Fondo Máster que se disputou en Carballo o domingo, 25 de abril, onde participaron 17 clubs. Nesta competición o Club Natación Mos obtivo os seguintes resultados en 800 metros libre:

  • Roi Rodríguez López, resultou campión galego, con récord galego máster na categoría de 20 a 29 anos e premio á mellor puntuación Fina
  • Adrián Trillo Rodríguez, foi subcampión na categoría de máis de 25 anos
  • Alberto Trincado Fernández, alcanzou un meritorio cuarto posto na categoría de máis de 50 anos

No cómputo final por clubs, o Club Natación Mos quedou 3° en categoría masculina, a un só punto do subcampión, a pesar de acudir con só tres nadadores.

Por outra banda, a nadadora Carolina Pereiro fixo o pasado mes de marzo un excelente papel no XL Campionato de España Infantil en Málaga, onde se situou entre as 12 mellores do noso país.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS