sábado, diciembre 7, 2024
InicioComarcasO CondadoPonteareas recoñece o avance da Xunta no CEIP Fermín Bouza Brey

Ponteareas recoñece o avance da Xunta no CEIP Fermín Bouza Brey

Ponteareas recoñece o avance da Xunta «nas súas obrigas co CEIP Fermín Bouza Brey» e agarda a reforma integral.

 A alcaldesa de Ponteareas en funcións, Cristina Fdez. Davila, recibiu na mañá deste martes no CEIP Fermín Bouza Brey ao delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López, e ao xefe territorial de Educación, César Perez, quen informaron das intencións da administración autonómica para o cambio da cuberta do edificio principal desta instalación e do seu ximnasio, por un importe próximo aos 300.000€.

Fernández Davila recoñece que estamos ante “un avance”, que debe ser “o primeiro paso para acoller a reforma integral da instalación, ao ser esta unha necesidade imperiosa do centro que a propia comunidade educativa leva anos reclamando, atopándose sempre coa negativa da Xunta”. A alcaldesa en funcións e responsábel de Ensino na localidade lembrou que “estas reformas nos centros de ensino son unha obriga da Xunta”, e amosou a súa confianza en que, tras comprometelo na propia visita, o ente autonómico “asuma seguidamente a continuación destas obras, para que non se queden unicamente na mellora da cuberta”.

“Dende o goberno local queremos felicitar a todas as persoas que formaron parte da comunidade educativa en diferentes etapas, e que nestes últimos anos acompañaron as reclamacións que dende o goberno local vimos realizando. O seu apoio e súa insistencia foron determinantes para lograr que a Xunta realice o primeiro investimento relevante neste centro despois de moitos anos”, salientou a alcaldesa en funcións.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS