lunes, octubre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaEscolares de Mos renden homenaxe a Xela Arias cun obradoiro de poesía

Escolares de Mos renden homenaxe a Xela Arias cun obradoiro de poesía

Foi impartido por Miguel A. Alonso Diz esta mañá ao alumnado de 6º curso de Educación Primaria dos colexios de Petelos e Atín

A actividade foi organizada pola Concellería de Educación de Mos que dirixe a edil Julia Loureiro e ofreceu aos CEIPs mosenses con motivo do Día das Letras Galegas que se celebra o vindeiro luns, 17 de maio. Fontes municipais explican que se elixiu a vertente literaria poética para este obradoiro didáctico xa que Xela Arias, a autora homenaxeada este ano, era poeta.

O taller foi impartido por Miguel A. Alonso Diz, que xa realizara un obradoiro municipal previo, de creación literaria, con motivo do Día do Libro celebrado o pasado 23 de abril.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a edil de Educación, Julia Loureiro, achegáronse esta mañá ata o Colexio de Atín para saudar aos rapaces que estaban a participar neste taller e para coñecer de primeira man e en persoa os detalles desta iniciativa dedicada á protagonista do Día das Letras Galegas 2021, Xela Arias.

Xela Arias

Xela Arias non só foi escritora e poeta, tamén traduciu ao galego unha morea de novelas e contos escritos noutros idiomas para que gocemos deles na nosa lingua. Tras rematar a carreira en 1996, fíxose realidade outro dos seus soños, ser profesora, concretamente de rapazas e rapaces de instituto, aos que lles transmitiu a súa paixón polo mundo da lingua e da literatura. Enormemente querida pola comunidade escolar e educativa, e especialmente nas aulas, desde o Concello de Mos quíxose achegar de novo a figura de Xela a elas, levándoa a través deste obradoiro ao alumnado do último curso de Educación Primaria.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS