lunes, abril 29, 2024
InicioComarcasO CondadoO GDR busca iniciativas para poñer en valor ao Condado e Paradanta

O GDR busca iniciativas para poñer en valor ao Condado e Paradanta

As persoas que teñan ideas, iniciativas ou proxectos que poñan en valor os recursos da comarca xa poden optar á convocatoria dos fondos do Programa Leader.

O Grupo de Desenvolvemento Rural do Condado Paradanta xestiona este programa de axudas como unha das súas funcións para poñer en valor os recursos que confroman a comarca. 

O prazo para optar as axudas está aberto ata o 3 de xuño, segundo explica o xerente do GDR, Paco González.

O programa está dirixido a persoas empresarias ou emprendedoras. Tamén poden optar entidades privadas, comunidades de montes, asociacións veciñais así como aos concellos.

Amáis, o GDR tamén prepara un «pasaporte ao Condado Paradanta», unha iniciativa que presentará a próxima semana.

Escoita aquí a conversa completa co xerente do GDR Condado Paradanta, Paco González:

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES