sábado, abril 20, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Albergue Municipal da Guarda pecha por obras

O Albergue Municipal da Guarda pecha por obras

O Albergue Municipal da Guarda pecha desde este venres, e de xeito temporal, para acometer obras de reforma e ampliación dos vestiarios.

As obras, que arrincarán nos vindeiros días, realizaranse para mellorar a estancia dos peregrinos no Albergue Municipal da Guarda, onde os aseos existentes atopábanse xa moi deteriorados en nun espazo moi reducido.

Deste xeito optouse por realizar unha ampliación dos mesmos, contando tamén cun baño accesible. Durante o transcurso dos traballos retiraranse todos os elementos eléctricos, carpinterías, pavimentos e alicatados para realizar a súa total renovación.

As obras inclúen tamén un sistema de extracción e renovación do aire deste recinto.

Esta actuación está subvencionada polo Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

Máximo de ocupación en 2019

O Camiño de Santiago, cun forte incremento de peregrinos nos anos previos á pandemia da Covid19, propiciou que moitas persoas optasen pos pernoctar na Guarda coma primeiro lugar de entrada do Camiño en Galicia. Deste xeito no verán de 2019 o albergue chegou a estar no seu máximo de ocupación, cunha afluencia constante de peregrinos ao longo do verán. Destaca o incremento nun 70% dos peregrinos aloxados no albergue dende a oficialización en 2016 do Camiño Portugués pola Costa ata o 2019.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES