jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísOs xuíces avalan as restricións da Xunta tras o estado de alarma

Os xuíces avalan as restricións da Xunta tras o estado de alarma

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou as medidas preventivas adoptadas pola Xunta tras a fin do estado de alarma: peches perimetrais nos concellos de máximas restricións e toque de queda entre as 1.00 e 6.00 horas.

O Alto Tribunal avala as medidas adoptadas pola Xunta que estaban en dúbida por afectar dereitos fundamentais, como a prohibición de reunións entre non conviventes entre a unha e as seis da madrugada en toda a comunidade autoónoma, así como as limitacións das reunións dun máximo de catro persoas en espazos interiores e seis en exterior, tanto no ámbito público como privado.

Queda aprobado polo tanto o toque de recollida ás 23:00 horas, o peche perimietral e da hostalería e a prohibición de reunións nos concellos que presentan un nivel máximo de alerta sanitaria (nestes momentos Cambados, Laza, Cualedro, Padrón e Vilanova de Arousa).

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES