sábado, diciembre 14, 2024
InicioComarcasLouriñaMos descubre os segredos medioambientais dos contos clásicos

Mos descubre os segredos medioambientais dos contos clásicos

Miriam Campos Leirós abre o ciclo “Mos coa Lectura” coa presentación da súa obra “‘Los secretos de los cuentos clásicos (Archivos desclasificados)”

Comezou esta semana en Mos o ciclo de presentación de libros de autores do municipio, ‘Mos coa Lectura’, cunha obra infantil cunha importante mensaxe de concienciación medioambiental enfocada desde a perspectiva do humor, autoría da veciña da parroquia de Petelos, concretamente do barrio da Porteliña, Miriam Campos Leirós.
E o fixo precisamente na Porteliña, onde se atopa a biblioteca municipal, xa que alí tivo lugar a presentación de ‘Los secretos de los cuentos clásicos (Archivos desclasificados)’ con ilustracións de Paloma Corral.
No acto a escritora estivo acompañada por Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, e Sara Cebreiro, concelleira de Participación Cidadá e Cultura e Turismo; así como polos edís de Educación e Deportes, Julia Loureiro e José Areal.

Sobre a autora

Miriam é mestra de primaria desde fai mais de 20 anos. Desde 2014 impulsa proxectos de sostibilidade desde a educación regrada.
Ademais escribe como colaboradora no magazine dixital “El Asombrario” na sección de educación ambiental e na actualidade exerce como coordinadora nacional do colectivo Teachers For Future Spain que integra a máis de 2000 docentes.
“Un perfil o de Miriam C. Leirós moi vencellado á docencia e á infancia, o que a define como unha escritora con gran potencial para a literatura infantil, como así demostra en ‘Los secretos de los cuentos clásicos’”, declaraba sobre ela a rexedora local ao realizar a presentación da autora.

Nidia Arévalo e Miriam Campos Leirós:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS