jueves, noviembre 7, 2024
InicioO PaísPontevedraAsinado un novo convenio do metal na provincia de Pontevedra

Asinado un novo convenio do metal na provincia de Pontevedra

Coa oposición do sindicato CIG, con folga incluída, por consideralo «regresivo» para os traballadores eventuais, o sector do metal ten un novo convenio colectivo na provinicia de Pontevedra respaldado polos sindicatos CC.OO. e UXT.

O secretario da CIG-Industria na comarca de Vigo, Xulio Fernández:

Un novo convenio colectivo do metal pontevedrés que non foi asinado pola CIG pero que conta co respaldo maioritario da parte sindical.

Será de obrigado cumprimento a partir da súa publicación no boletín da provincia e terá vixencia até decembro de 2022.

Inclúe o acordo dunha indemnización de fin de contrato non indefinido que se pagará ao finalizar o contrato nas contratacións realizadas a partir da publicación do convenio no BOP Pontevedra.

En canto á parte referente a incremento salarial, actualízanse as táboas un 0,5% en 2020 sen xerar atrasos, é dicir, única e exclusivamente aos efectos de actualizar as táboas; prevese un incremento do 1,75% para 2021 sobre táboa salarial 2020; do 1,75% para 2022 sobre táboa salarial 2021. Ademais, os atrasos de 2021 poderanse pagar nun período máximo de tres meses desde a publicación do convenio no BOP Pontevedra.

As partes negociadoras asumen así mesmo o compromiso de crear unha comisión de igualdade co obxectivo de redactar un protocolo de acoso laboral, sexual e de xénero.

A patronal ve necesario este convenio «para achegar estabilidade e paz social ao intenso traballo que as nosas empresas teñen que levar a cabo para recuperar a facturación e o emprego perdido nos últimos meses». Agardan poder  volver «á senda do crecemento na partir do segundo semestre deste ano».

A firma do convenio prodúcese despois de 15 reunións e afecta a máis de 3.000 empresas e 30.000 traballadores.

Pola súa parte, a Central Intersindical Galega (CIG) considera que os outros sindicatos traizoaron aos traballadores  e convocou media xornada de folga este mércores 12 de maio, con mobilizacións en Vigo (chaira de Bouzas), Pontevedra (praza da Peregrina) e Vilagarcía (rúa Castelao).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS