lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsComarcasAs Neves, sen positivos en COVID-19 nunha semana

As Neves, sen positivos en COVID-19 nunha semana

O virus deixou de circular entre a veciñana das Neves durante 7 días.

Segundo a última actualización de Sanidade, a COVID-19 deixou de ter presenza no concello das Neves no transcurso dunha semana. Amáis, a incidencia baixa en Tomiño mentres aumentan os contaxios en Ponteareas, Vigo e Redondela. Salvaterra de Miño sitúase agora coa maioría dos municipios das comarcas.

No municipio de Tomiño son 13 positivos en COVID-19 nunha semana, cinco menos que na actualización do martes de Sanidade. Así, a incidencia baixa ata rexistrar entre 75 e 125 contaxios por 100.000 habitantes en 7 días. Na anterior actualización, este concello do Baixo Miño superábaa.

Fornelos de Montes continúa como o municipio no que se rexistra a maior incidencia da bisbarra: entre 125 e 250 positivos por 100.000 habitantes nunha semana, aínda que se trata dun gromo que afecta a sete persoas dunha mesma familia.

Aumentan os contaxios en Ponteareas, Vigo e Redondela malia que se manteñen fóra da zona considerada de risco por Sanidade. Na vila do Corpus son 17 positivos, seis máis que onte; na cidade olívica son 26 máis que na anterior actualización ata os 198 e en Redendola dous máis ata os 20.

Así, a maioría dos concellos das comarcas sitúanse na incidencia entre os 25 e os 75 contaxios por 100.000 habitantes nunha semana, fóra da zona de risco. É o caso da Guarda, Baiona, Gondomar, Nigrán, Vigo, Redondela, Salceda de Caselas, Tui, O Porriño, Mos, Ponteareas, Pazos de Borbén e, nesta última actualización, Salvaterra de Miño, logo de rexistrar a segunda incidencia máis baixa que contempla Sanidade.

Son 8 os concellos que se manteñen libres de COVID-19: Arbo, Mondariz, Mondariz-Balneario, A Cañiza, Crecente, O Covelo, Oia e O Rosal. 

Repunte de casos na Área Sanitaria de Vigo

A Área Sanitaria de Vigo rexistra 888 casos activos en COVID-19. Isto é, 63 máis que onte, segundo o SERGAS. É a maior suba dende finais do mes de abril.

A área é a que máis casos rexistra, séguelle a da Coruña con 702.

En canto á presión hospitalaria, son cinco pacientes máis ingresados por mor do virus en camas convencionais e mantense en 14 as persoas que precisan de UCI.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS