jueves, abril 25, 2024
InicioComarcasLouriñaA alcaldesa do Porriño, vacinada fronte a COVID

A alcaldesa do Porriño, vacinada fronte a COVID

Eva García de la Torre recibiu este martes no IFEVI a primeira dose de Pfizer e anima a toda a cidadanía a que acuda cando a citen

Hoxe comezou a vacinación fronte a COVID-19 dos galegos de entre 50 a 59 anos en todas as áreas sanitarias da Comunidade e a alcaldesa do Porriño, Eva García, recibiu a primeira dose da vacina.
A rexedora porriñesa foi unha das moitas persoas citadas hoxe polo Servizo Galego de Saúde no IFEVI para recibir a primeira dose. No seu caso, foi inoculada coa de Pfizer polo que en tres semanas deberá recibir a segunda dose.
Eva García manifestou a súa felicitación ao Sergas “pola fantástica organización e polo trato magnífico do persoal que está alí vacinando no IFEVI, cun sorriso e máxime pensando que cada día están a vacinar a 6.000 persoas”.
A alcaldesa animou a toda a poboación “a que acudan a vacinarse cando lles toque, que isto é bo para todo”.

Eva García de la Torre

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES