jueves, abril 18, 2024
InicioNewsO PaísAs restricións en Galicia, pendentes da decisión dos xuíces

As restricións en Galicia, pendentes da decisión dos xuíces

O presidente da Xunta lembra que as restricións impostas polo goberno galego tras o fin do estado de alarma son as recomendadas polos sanitarios e confía en que os xuíces se fíen do criterio dos expertos do comité clínico e as avalen.

Alberto Núñez Feijóo:

A Xunta agarda recibir o visto bo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ás súas restricións para conter a COVID-19 tras expirar o estado de alarma o pasado 9 de maio e ter que ser xuíces os que as amparen ou rexeiten para velar polos dereitos da cidadanía.

O peche perimetral dos concellos cunha elevada incidencia de casos activos ou a  prohibición de reunións de madrugada (1.00 a 6.00 horas) son dúas das restricións impostas pola Xunta que o TSXG ten que autorizar ou non.

«Se os xuíces confían no sistema sanitario público, creo que podemos sacar adiante as medidas porque as medidas están pensadas por eles» apuntou o presidente galego nunha entrevista radiofónica esta fin de semana.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES