martes, abril 23, 2024
InicioComarcasLouriñaA Xunta investirá 1,5 millóns de euros na ampliación do IES Pedras...

A Xunta investirá 1,5 millóns de euros na ampliación do IES Pedras Rubias en Salceda

A actuación permitirá ampliar a oferta educativa de bacharelato, con aulas suficientes, para incorporar 2 novas liñas ás 4 de ensinanza secundaria obrigatoria.

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández Tapias, vén de informar sobre o investimento de 1,5 millóns de euros no IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, logo de manter un encontro coa directora do centro, María José Espiñeira Costa, e Sonia Fernández Gómez, en representación da Anpa. 

Fernández-Tapias explicou a importancia desta ampliación −cuxo proxecto xa foi encargado− para poder atender á demanda dunha poboación en idade de escolarización en continúo crecemento, nun centro que ata o de agora conta con solo 4 liñas de ensinanza secundaria obrigatoria. A proposta recollida nos plans da Consellería é a incorporar ao centro un mínimo de dúas novas liñas de bacharelato. En total serían 4 aulas, 2 espazos para desdobre e apoio e 2 laboratorios.

Solución provisional

En paralelo, e como solución provisional ata que o novo centro estea dispoñible, a delegada informou que os 19 alumnos de 4º da ESO do IES Pedras Rubias á espera dunha praza poderán matricularse no IES de Salvaterra de Miño, no que se adaptarán novas aulas. O obxectivo é garantir a continuidade dos estudos postobrigatorios ao alumando de Salceda de Caselas que así o decida.  

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES